O PRONOME
Os pronomes persoais poden dividirse en dúas categorías claramente distinguidas: tónicos e átonos. O tónico actúa sempre como suxeito ou termo de preposición ou conxunción. En cambio, a función dos átonos é a de obxecto directo ou indirecto. A pesar de que neste blog pensamos enfocarnos no "te" e no "che", queremos deixar clara a diferencia entre ambas categorías.
Así, se realiza algunha das funcións contempladas anteriormente, será tónico:
- Suxeito: "___ quere / quero / queres /... ir?". Observamos que todos os pronomes que poden suplir ese oco son tónicos (ela, eu, ti...).
- Termo de preposición ou conxunción: "Isto é para ___". Observamos que todos os pronomes que poden suplir ese oco son tónicos (ela, eu, ti...).
A continuación engadimos dúas táboas nas que se sinalan ambas categorías:
A segunda sería a que se correspondería cos pronomes átonos. As formas máis empregadas serían "o/a/os/as". Cómpre sinalar un par de consellos a ter en conta á hora de aprender galego:
- Cando o pronome "nos" se une a unha forma verbal en 1º persoa do plural, esta perde o "s": encontramos - encontrámonos.
- Se atopamos dous pronomes contraídos, analizámolos por separado: llelo.
- Para unir ao CD de 3º persoa (alomorfos):
1. Se o verbo remata en -r ou -s (ou nun pronome rematado en -s, como en "dixéronnos mentiras") aparecen as formas lo/la/los/las.
2. Se o verbo remata en ditongo aparecen as formas no/na/nos/nas: Viviu a vida - Viviuna.
3. No resto de casos, o pronome únese ao verbo: Amontoo o papel - Amontóoo.
Comentarios
Publicar un comentario