COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS E EXCEPCIÓNS


As regras xerais de colocación dos pronomes átonos son as mesmas para todos, co cal o contido de esta entrada poderá ser aplicado a calquera deles co que teñamos dúbidas.

- Un pronome átono NUNCA pode encabezar unha oración.
- A colocación natural dos pronomes átonos é enclítica, e dicir, despois do verbo e unido a el. A pesar de todo, preséntanse verias excepcións dependendo de se hai:
  1. Un só verbo:
      1. 1 Se nada o impide, colócase no seu posto natural.
      1. 2 Se atopamos algun dos seguintes impedimentos, vai antes:
             1. 2. 1 Enunciados exclamativos / interrogativos constituídos mediante pronomes ou adverbios exclamativos ou interrogativos.
             1. 2. 2 Enunciados negativos
             1. 2. 3 Cando antes do verbo se sitúa un pronome indefinido ou un adverbio ou locución adverbial, sendo excepcións: onte e relacionados, antes, daquela, afora, despois, as veces, de cando en vez, enriba, debaixo, diante, dentro, detrás, fora, preto, lonxe, ao lado.
             1. 2. 4 Cando forma parte dunha subordinada que non forme parte dunha coordinada unida por "e" nin dunha adversativa introducida por "pero".
  2. Dous verbos:
      2. 1 Se nada o impide, colócase no seu posto natural despois do primeiro ou segundo verbo.
      2. 2 Se antes do verbo existe algunha das condicións mencionadas no 1. 2, esto só afectará ao primeiro verbo: Non te debe levar / Non debe levarte.
  3. Dous verbos unidos por un elemento de relación:
      3. 1 Cantos máis elementos atopemos, existen máis posibilidades de colocación: Hai que levarte / Hai que te levar / Haite que levar.
  

Comentarios

Entradas populares