DIFERENCIACIÓN ENTRE "TE" E "CHE"


Estos dous pronomes son átonos de 2º persoa do singular, mais "te" cumple a función de Obxecto Directo (OD) e "che" de Indirecto (OI):
"Tireite ao río"   ou    "Tireiche os pantalóns ao río".

Así, nas oracións instransitivas, cando o verbo non precisa outro obxecto directo que non sexa o de segunda persoa do singular, utilizaremos "te". No caso contrario, "che".

Según esta regra, observamos que hai verbos que completan o seu significado cun nome ou pronome. Se o que se precisa (OD) utiliza a segunda persoa, úsase TE: "Chámote esta tarde?"
Se pasamos á pasiva, pasa a ser o suxeito paciente: Ti es mirado por min...

Se non cumple os requisitos anteriores, úsase CHE, que corresponde co OI da oración. Un exemplo sería: "Míroche as mans".
Como podemos percibir, o OD son as máns, non a segunda persoa, e ao converter a oración a pasiva, estos OD serán os que resulten suxeitos pacientes.

Outro "truco" que podría resultar interesante sería substituir na oración polo pronome de 3ª persoa "o" ou "a". En caso de que podamos, o pronome que buscamos é o "te": Vinte na casa de Xoana - Vino na casa de Xoana.
Empregaremos che, pola contra, cando poida ser substiuído na oración polo pronome de 3ª persoa "lle": Contareiche un conto - Contareille un conto.

Comentarios

Entradas populares